Pero para min é máis importante por ser o cumpreanos do meu pai ^^ :)
17 de Maio!
“O meu camiño hoxe
ten o mirar dun antonte.
Arrecenden os sendeiros,
nas agras zoan as fontes.
Labrego afala o seu gado.
Mide o tempo a súa ponte.
Aire quedo e tembrando.
Chove preto, chove lonxe.”
"Si o Outono non crebara o tempo
non se erguía en verso longo o poeta,
o troveiro que en liña chega á meta
arrola a cume, espaia a néboa, achega o vento.
Os cantores esquecen o seu día
e dóense do que saben que lles chega.
Quece o zoco no ourizo e na nebra.
Vela o arbre a súa en lousa compañía.
Alumea o souto a esperanza soia,
a que onte viveu na súa sombra amiga,
espera hoxe o que dela quedou fóra.
Roda do carro que, entre lousa e folla,
vas trocando por mañán cantiga
¡atopas noite, atopas día e quedas soia!"
(María Mariño, Palabra no tempo)
Tranquilos, única entrada na que falaré galego... :) (aínda que me gusta falalo, pero non acostumo a facelo)
jueves, 17 de mayo de 2007
Suscribirse a:
Entradas (Atom)